O día 14 de outubro de 2019 non foi un día máis de traballo para min no
IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas. Mentres compañeiros e alumnado continuaban co normal desenvolvemento do curso, un grupo de formado por 40 profesores galegos iniciamos a nosa aventura ao outro lado do océano. Cunha maleta cargada de ilusións e nervios, afrontamos a longa viaxe que nos levou ata
Ottawa.
Ottawa é a capital de Canadá. Unha cidade tranquila de aproximadamente un millón de habitantes, atravesada polo río que leva o seu mesmo nome e o canal Rideau. Conserva grandes espazos arbóreos, de especial beleza no outono, e importantes momumentos representativos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario