
Ottawa pertence á provincia de Ontario. O sistema educativo nesta provincia está dividido en varias etapas:
Primary School ata grado 6 (equivalente á nosa Educación Primaria: de 1º a 6º)
Middle School grados 7 y 8 (equivalente a 1º e 2º de ESO)
Secondary School de grado 8 a 12 (equivalente a 3º e 4º de ESO e 1º y 2º de bacharelato)
Unha vez rematada a secudaria o alumnado pode acceder a:
- Estudos aplicados para formación técnica e profesional nun College: constitúe un estadio intemedio entre a formación secundaria e a universitaria
- Universidade: con diversas opcións de grados e másters, aos que se accede despois de superar os créditos obrigatorios e outras actividades de formación extracurricular (outros estudos, deporte, traballo cooperativo...)

Antes de comezar a nosa integración nos colexios e institutos correspondentes, os profesores galegos tivemos unha serie de charlas de orientación sobre Canadá e o seu sistema educativo, impartidas por membros da School Board de Ottawa.
A educación secudaria está estruturada en semestres. O alumnado cursa catro materias diferentes en cada un. A programación focalízase na adquisición de competencias e autonomía por parte do alumnado e isto repercute directamente na avaliación.
Para máis información pódese consultar a páxina web do distrito de Ontario: https://ocdsb.ca/
Ningún comentario:
Publicar un comentario