mércores, 27 de novembro de 2019

Reflexión persoal

Xa de regreso á rutina diaria, toca facer balance da experiencia educativa que supón un programa coma o PIALE, que ofrece ao profesorado galego a posibilidade de cambiar durante un mes o entorno educativo e cultural, para integrarase na vida dun instituto de Canadá. 

Considero que este tipo de oportunidades son sempre enriquecedoras e positivas, xa que supoñen un complemento na nosa formación lingüística, didáctica e persoal. Tamén teñen un gran valor a nivel humano, a través das relacións que se establecen coa familia de acollida, os profesores canadenses e os compañeiros galegos con que viaxas.















Nun primeiro momento case todo o que ofrece un instituto canadense resulta moi atractivo para unha profesora galega: as aulas son máis grandes, os laboratorios están mellor dotados, os espazos son moi amplos, dispoñen de mellores instalacións deportivas... Despois de case un mes participando diariamente  da actividade do centro, considero que tanto o noso modelo coma o canadense teñen aspectos nos que destacan máis e menos. 

Deixando ao marxe as instalacións materiais, que é algo ao que dificilmente podemos optar en Galicia, podemos aprender dos canadenses, unha poboación que leva anos de avantaxe con respecto a nos acollendo inmigrantesa, o ben estruturados que teñen os plans de acollida e formacións lingüística do alumnado estranxeiro de fala non inglesa: en case todos os centros hai grupos de estudantes ESL, que traballan ao principio contidos lingüísticos e vanse incorporando progresivamente ao aprendizaxe de contidos nas aulas de referencia. Tamén pódese destacar a elevada implicación de todo o profesorado no proceso de ensino-aprendizaxe, con moitas horas de dedicación e incontables esforzos para intentar conseguir que o alumnado con máis dificultades acade as competencias necesarias para continuar co seu proceso educativo. Os estudantes teñan moita autonomía, e dende a secundaria considéranse os responsables dos seus estudos, polo que non se necesitan algunhas funcións que aquí son actualmente obrigatorias, como por exemplo pechar as portas do centro para evitar que se ausentan das clases ou facer gardas no tempo de lecer, entradas e saídas do alumnando.


 
No centro que me foi asignado, Longfields-Davisson Heights Secondary School, o profesorado de Física e Química estaba moi coordinado no deseño e planificación das actividades dos estudantes. Na miña impresión, o profesorado é bastante entusiasta no que se refire á actividade docente: desfrutan de recibir ás familias, intentan sempre sacar adiante a todo o alumnado, participan en clubes voluntarios...  Como aspecto a mellorar considero que o nivel de dispersión que en ocasións ten o alumnado na clase repercute negativamente no proceso de aprendizaxe. 

As miñas expectativas non se cumpriron con respecto á integración de contidos científicos, matemáticos e tecnolóxicos no ámbito STEM. A división en materias no ensino secundario é practicamente a mesma que en Galicia, sen coordinación nin proxectos comúns entre os diferentes departamentos. A pesar de que o centro tiña amplos espazos e aunha gran dotación de material nas aulas e laboratorios,  carecía dun Espazo Maker, no que realizar proxectos STEM.

 
O sistema semestral ten a vantaxe de que o alumnado cursa as materias con periodicidade diaria, pero tamén ten a contrapartida de que durante un semestre, e ás veces dous consecutivos, non están a cursar ningún contido de determinadas materias. Nalgúns casos coma Educación Física, Música ou Matemáticas, considero que este sistema non é o máis axeitado para a formación continua dos estudantes.

Os problemas e dificultades do profesorado, tanto en Galicia como en Canadá, son semellantes: ás veces non é sinxelo intentar motivar ao alumnado e sacar o máximo rendemento posible de cada un deles, especialmente en aulas masificadas e con estudantes de diferentes niveis de aprendizaxe. O profesorado enfróntase aos conflitos coa administración moi simlilares aos nosos, normalmente baseados no presuposto asignado a aducación. A ratio de alumnado en Ottawa é similar á que temos en Galicia, pero o actual goberno provincial de Ottawa quere incrementala. O profesorado está facendo diversas protestas e folgas, coa finalidade de persuadir aos representantes gubernamentais de revocar dita decisión.

Despois da miña estancia en Ottawa, considero que o PIALE é unha actividade formativa de alto nivel, que ten repercusións positivas para o profesorado implicado e, en maior ou menor medida, en toda a comunidade educativa. Vivimos nun mundo globalizado, no que coñecer de primeira man como funcionan outros sistemas educativos constitue unha ferramenta básica para o profesorado que debe formar aos cidadáns do século XXI, preparados para afrontarse aos novos retos do futuro.







mércores, 6 de novembro de 2019

Museos de Ciencias en Ottawa


Son numerosos os museos que se poden visitar en Ottawa. Durante a niña estancia visitei algúns deles, coma por exemplo a Galería Nacional de Canadá, o Museo Canadense da Historia e o Museo da Guerra; fantásticas oportunidades para desfrutar da cultura canadense. 

Como profesora de Física e Química que son, non podían faltar na miña estancia as visitas aos museos de ciencias da cidade: O Museo Canadense da Natureza e o Museo da Ciencia e a Tecnología.


O Museo Canadense da Natureza (Canadian Museum of Nature) é un completo museo de historia natural emplazado no Edificio Conmemorativo Reina Victoria (Victoria Memorial Museum Builging), que combina con bastante éxito a arquitectura dun edificio de máis de cen anos con estructuras modernas. Nas súas instalacións pódense observar unha ampla colección de fósiles, mamíferos e aves da fauna local.... Destaca a impresionante colección xeolóxica do museo. Alberga unha exposición temporal, que durante o outono do 2019 acolle un mariposario no que disfrutar da beleza deste insectos voadores.

O Museo de Ciencia e Tecnoloxía recibe o nome de Ingenium. Trátase dun  moderno museo iteractivo con diferentes salas adicadas a distintas ramas da Ciencia e a Tecnoloxía: O sonido, o transporte, mulleres en STEM... Está dotado dunha ampla colección de artefactos e dispositivos tecnolóxicos, así como de experiencias divulgativas e paneis explicativos. Diariamante relízanse proxeccións e talleres experiementais para o público. Desenvolve un programa educativo gratuito para estudantes. Na miña  opinión, merece a pena visitar incluso a tenda, na que se pode encontrar material divulgativo de gran utilidade para as clases de Ciencias.










martes, 5 de novembro de 2019

As clases de Ciencias no Longfields-Davidson


O departamento de Ciencias do Longfields-Davidson Heights Secondary School consta de 15 profesores, que imparten as Ciencias Naturais de grado 9 e 10 e tamén Física, Química, Bioloxía ou Xeoloxía en grado 11 e 13.


As sesións de clase de 75 minutos inclúen normalmente unha explicación teórica, resolución de problemas e actividades experimentais de laboratorio. As aulas laboratorio permiten que o alumnado alterne entre unha actividade e outra, respectando sempre os seus ritmos de aprendizaxe. 


Nas actividades de resolución de problemas foméntase a aprendizaxe colaborativa, traballando en equipos que normalmente rotan cada certo tempo. O alumnado participa activamente nas sesións de clase e actividades prácticas, con bastante autonomía; aínda que chama a atención, dende a nosa perspectiva, que o alumnado pode levantarse, sentarse de formas que non se consideran correctas aquí ou incluso utilizar o móbil na clase con fins unicamente recreativos (Instagram, Netfilx, xogos...) 





As actividades prácticas organízanse por estacións de traballo, polas que se desprazan os grupos de alumnos. Normalmente varios profesores utilizan a mesma preparación experimental, co que se optimiza o traballo. 

Durante a miña estancia no centro participei na preparación e desenvolvemento de moitas actividades experimentais. Algunhas das que más me chamaron a atención foron fabricar xeado aplicando as propiedades coligativas das disolucións, descenso crioscópico do xeo ao engadir sal,  enerxía nunha lambetada (osiño de goma), reactividade dos alimentos químicos,... 






luns, 4 de novembro de 2019

Día a día dun estudante canadense

Os estudantes da provincia de Ontario (Canadá) cursan maioritariamente un programa educativo semestral, o que significa que teñen unhas materias de setembro a xaneiro e outras diferentes de febreiro a xuño. Esto permite que, a pesar de que cursan oito materias por curso, só teñan catro simultanéamente, o que facilita a planificación do traballo.

Os estudantes de Longfield Davidson Heights School, centro no que fixen o meu periodo de integración, comezan as clases ás 9 menos cinco da mañá e rematan ás tres e cinco da tarde. Cada día, antes do comezo das clases, profesorado, alumnado e personal non docente póñense en pé para escoitar o hinmo nacional:


Seguidamente comezan os periodos de clase, un total de catro sesións de 75 minutos cada unha. Os estudantes poden comer durante as clases e os móbiles, se ben non están totalmente autorizados, permítense na maior parte das materias. 

Os grupos son, coma en Galicia, de entre 25 e 30 estudantes. Cada día teñen todas as materias do semestre, pero a orde é normalmente diferente os días pares e os impares.


Ao remate das clases, durante a hora da comida (lunch), ou incluso ante do comezo das clases ofértanse diferentes clubes deportivos e culturais para o alumnado. Este clubes, de carácter voluntario, complementan a oferta formativa e son promovidos polo profesorado do centro. 

As actividades deportivas, incluíndo as competicións provinciais ou estatais, están incluídos na dinámica do propio centro escolar, con clubs para os diferentes deportes.




O transporte escolar, tanto para asistir diarimente ao centro como asistir ás actividades complementarias e extraescolares, realízase en buses destinados e este fin e fácilmente identificables ("os buses amarelos")



Durante o inverno estudantes e profesorado conviven coa neve diariamente, o que exceptuando días de forte temporal, non impide que asistan a clase e realicen a normal actividade diaria.


Despois das clases o alumnado participa en diferentes clubes e seguidamente regresa a casa para estar coa súa familia. Normalmente a cea, que é a comida principal do día, realízase entre as seis e as oito da tarde. Cada día os estudantes adican un tempo ás tarefas encomendadas e preparan os exames pertinentes, de maneira semellante ao que fai un estudante galego. O  sistema de avaliación non está baseado únicamente nos exames, a avaliación de traballos e proxectos ten un peso considerable na nota final. 







mércores, 30 de outubro de 2019

Ser profesor de secundaria en Ottawa




Ser profesor é unha actividade laboral que, polo que fun quen de percibir, goza dun amplo recoñecemento social en Canadá, polo que facer o máster de profesorado constitúe unha saída profesional para moitos graduados. O sistema educativo está descentralizado, con independencia para cada provincia. En Ontario, para poder optar a un posto de traballo como profesor é requisito obrigado obter a licenza da OCDSB (Ottawa Carleton District School Board) Os directores dos centros son, finalmente, os que contratan ao profesorado, en función das necesidades específicas.


O profesorado imparte diariamente tres dos cuatro periodos lectivos, reservando o restante periodo para a preparación das clases. Participar en clubes e actividades que non están directamente incluidas no horario lectivo non é obrigatorio para o profesorado.

Cada centro escolar funciona de maneira diferente, dependendo en ampla medida da dirección do mesmo, que ten a capacidade de contratar ao equipo docente. A miña impresión persoal foi que o profesorado do centro que me foi asignado, Lonfiends-Davisson Heights Secondary School, estaba moi implicado en todo o proCeso de ensino-aprendizaxe do alumnado.  Normalmente os profesores comezan a xornada de traballo con bastante antelación ao comezo das clases, o que lles permite intercambiar información nos departamentos. Maioritariamente permanecían no centros ao remate das clases para atender as dúbidas do alumnado, organizar os clubes ou intercambiar información coas familias dos estudantes.

Non existen as gardas de clase asignadas ao profesorado. Cando un profesor non pode asistir ao centro, contrátase a unha persoa non vinculada ao centro para cubrir esa clase. En moitas ocasións trátase de profesores xublilados, que a través deste traballo ocasional complementan os seus ingrasos.

Periódicamente o profesorado de cada centro recibe formación externa durante a xornada laboral, polo que ese día é declarado coma non lectivo para o alumnado. Nestas actividades formativas desenvólvense proxectos interdisciplinares en función das demandas do profesorado. A coordinación entre os membros dos departamentos, con estándares de aprendizaje moi concretos, actividades deseñadas de forma colaborativa, test realizados conxuntamente e actividades experimentais simultáneas, constitúe un pilar fundamental dentro do proceso de ensino aprendizaxe, tal e como se entende na provincia de Ontario.




venres, 18 de outubro de 2019

Longfields-Davidson Heights Secondary School




O centro de destino para o meu periodo de observación foi un instituto de case 3000 estudantes, situado nun barrio de nova creación no oeste de Ottawa: Barrhaven





Longfields é un dos poucos centros nos que conviven estudantes de Middle School (7º e 8º grado) cos de Secondary School, ata grado 12; tal e coma sucede no noso país.  Nembragantes, esta convivencia é só espacial, xa que están nun pavillón separado, con horarios e profesorado diferente.


As instalacións do instituto foi o primeiro que me chamou a atención: campos deportivos, ximnasios con máquinas para o alumnado, pavillóns, obradoiros, cocinas e un salón de actos inmenso, entre outras instalacións.

Os espazos son moi amplos, polo que a pesar do elevado número de persoas que conviven no centro, non se percibe sensación de masificación.




O auditorio de Longfields Davisson Heights Secondary School chama realmente a atención polo seu tamaño, mobiliario e decoración; xa que é comparable a calquera das instalacións privadas ou públicas de calidade destinadas e este fin.




O deporte é unha parte fundamental da formación dos estudantes, polo que ademais de excelentes instalacións, son numerosos os clubEs deportivos do instituto: hockey, football (americano), voley, cross country, baloncesto....

Como en case todos os centros da provincia de Ontario, os estudantes poden escoller entre unha variada oferta de materias optativas, coa mesma consideración que as instrumentais, que vai dende Fitness, Cerámica ou Orquesta ata Robótica, Madeira ou Cociña

Para máis información pódese consultar a páxina web do instituto: https://ldhss.ocdsb.ca/







mércores, 16 de outubro de 2019

O sistema educativo canadense

Canadá ten unha organización territorial formada por sete provincias (Alberta, la Columbia Británica, Manitoba, Nuevo Brunswick, Terranova e Labrador, Nova Escocia, Ontario, A Illa do Príncipe Eduardo, Quebec e Saskatchewan) e tres territorios (Os Territorios do Noroeste, Nunavut e Yukón). As competencias en educación están transferidas ás provicias ou territorios correspondientes, que se organizan de forma autónoma.




Ottawa pertence á provincia de Ontario. O sistema educativo nesta provincia está  dividido en varias etapas:

Primary School ata grado 6 (equivalente á nosa Educación Primaria: de 1º a 6º)
Middle School grados 7 y 8 (equivalente a 1º e 2º de ESO)
Secondary School de grado 8 a 12 (equivalente a 3º e 4º de ESO e 1º y 2º de bacharelato)

Unha vez rematada a secudaria o alumnado pode acceder a:

  • Estudos aplicados para formación técnica e profesional nun College: constitúe un estadio intemedio entre a formación secundaria e a universitaria
  • Universidade: con diversas opcións de grados e másters, aos que se accede despois de superar os créditos obrigatorios e outras actividades de formación extracurricular (outros estudos, deporte, traballo cooperativo...) 




Antes de comezar a nosa integración nos colexios e institutos correspondentes, os profesores galegos tivemos unha serie de charlas de orientación sobre Canadá e o seu sistema educativo, impartidas por membros da School Board de Ottawa.

A educación secudaria está estruturada en semestres. O alumnado cursa catro materias diferentes en cada un. A programación focalízase na adquisición de competencias e autonomía por parte do alumnado e isto repercute directamente na avaliación.




 Para máis información pódese consultar a páxina web do distrito de Ontario: https://ocdsb.ca/