luns, 4 de novembro de 2019

Día a día dun estudante canadense

Os estudantes da provincia de Ontario (Canadá) cursan maioritariamente un programa educativo semestral, o que significa que teñen unhas materias de setembro a xaneiro e outras diferentes de febreiro a xuño. Esto permite que, a pesar de que cursan oito materias por curso, só teñan catro simultanéamente, o que facilita a planificación do traballo.

Os estudantes de Longfield Davidson Heights School, centro no que fixen o meu periodo de integración, comezan as clases ás 9 menos cinco da mañá e rematan ás tres e cinco da tarde. Cada día, antes do comezo das clases, profesorado, alumnado e personal non docente póñense en pé para escoitar o hinmo nacional:


Seguidamente comezan os periodos de clase, un total de catro sesións de 75 minutos cada unha. Os estudantes poden comer durante as clases e os móbiles, se ben non están totalmente autorizados, permítense na maior parte das materias. 

Os grupos son, coma en Galicia, de entre 25 e 30 estudantes. Cada día teñen todas as materias do semestre, pero a orde é normalmente diferente os días pares e os impares.


Ao remate das clases, durante a hora da comida (lunch), ou incluso ante do comezo das clases ofértanse diferentes clubes deportivos e culturais para o alumnado. Este clubes, de carácter voluntario, complementan a oferta formativa e son promovidos polo profesorado do centro. 

As actividades deportivas, incluíndo as competicións provinciais ou estatais, están incluídos na dinámica do propio centro escolar, con clubs para os diferentes deportes.




O transporte escolar, tanto para asistir diarimente ao centro como asistir ás actividades complementarias e extraescolares, realízase en buses destinados e este fin e fácilmente identificables ("os buses amarelos")



Durante o inverno estudantes e profesorado conviven coa neve diariamente, o que exceptuando días de forte temporal, non impide que asistan a clase e realicen a normal actividade diaria.


Despois das clases o alumnado participa en diferentes clubes e seguidamente regresa a casa para estar coa súa familia. Normalmente a cea, que é a comida principal do día, realízase entre as seis e as oito da tarde. Cada día os estudantes adican un tempo ás tarefas encomendadas e preparan os exames pertinentes, de maneira semellante ao que fai un estudante galego. O  sistema de avaliación non está baseado únicamente nos exames, a avaliación de traballos e proxectos ten un peso considerable na nota final. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario