O departamento de Ciencias do Longfields-Davidson Heights Secondary School
consta de 15 profesores, que imparten as Ciencias Naturais de grado 9 e 10 e tamén Física, Química, Bioloxía ou Xeoloxía en grado 11 e 13.
As sesións de clase de 75 minutos inclúen normalmente unha explicación
teórica, resolución de problemas e actividades experimentais de laboratorio. As
aulas laboratorio permiten que o alumnado alterne entre unha actividade e
outra, respectando sempre os seus ritmos de aprendizaxe.
Nas actividades de resolución de problemas foméntase a aprendizaxe colaborativa, traballando en equipos que normalmente rotan cada certo tempo. O alumnado participa activamente nas sesións de clase e actividades prácticas, con bastante autonomía; aínda que chama a atención, dende a nosa perspectiva, que o alumnado pode levantarse, sentarse de formas que non se consideran correctas aquí ou incluso utilizar o móbil na clase con fins unicamente recreativos (Instagram, Netfilx, xogos...)
As actividades prácticas organízanse por estacións de traballo, polas que se desprazan os grupos de alumnos. Normalmente varios
profesores utilizan a mesma preparación experimental, co que se optimiza o
traballo.
Durante a miña estancia no centro participei na preparación e
desenvolvemento de moitas actividades experimentais. Algunhas das que más me chamaron a atención foron fabricar xeado
aplicando as propiedades coligativas das disolucións, descenso crioscópico do
xeo ao engadir sal, enerxía nunha lambetada (osiño de goma), reactividade dos alimentos
químicos,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario