
Son numerosos os museos que se poden visitar en Ottawa. Durante a niña estancia visitei algúns deles, coma por exemplo a Galería Nacional de Canadá, o Museo Canadense da Historia e o Museo da Guerra; fantásticas oportunidades para desfrutar da cultura canadense.
Como profesora de Física e Química que son, non podían faltar na miña estancia as visitas aos museos de ciencias da cidade: O Museo Canadense da Natureza e o Museo da Ciencia e a Tecnología.


O Museo Canadense da Natureza (Canadian Museum of Nature) é un completo museo de historia natural emplazado no Edificio Conmemorativo Reina Victoria (Victoria Memorial Museum Builging), que combina con bastante éxito a arquitectura dun edificio de máis de cen anos con estructuras modernas. Nas súas instalacións pódense observar unha ampla colección de fósiles, mamíferos e aves da fauna local.... Destaca a impresionante colección xeolóxica do museo. Alberga unha exposición temporal, que durante o outono do 2019 acolle un mariposario no que disfrutar da beleza deste insectos voadores.


Ningún comentario:
Publicar un comentario